En qué consiste? Presentar unha gravación (ou varias) de curtametraxe
breve que teña como moralexa unha
frase típica en galego, ou na que se represente unha escena cómica á que ben se
lle podería aplicar o dito típico galego que escollades. Por frase típica enténdese calquera refrán,
frase feita ou simplemente algunha construcción fraseolóxica que se fixera
coñecida por calquera razón.
Duración? Non excederá dos 2 minutos
Requisitos?Pode ser mudo ou con son, pero en galego. O dito elixido ou ben
estamparase escrito sobre a imaxe ou ben emitirase coa voz de xeito forte e
claro. Non vale
unha referencia circunstancial, senon que ha ser central no argumento.
Quen pode participar? Calquera alumn@ ou membro da Comunidade Educativa.
Individualmente, por grupos ou toda unha aula. Poden colaborar convosco os
profesores e podedes
ser axudados por persoas que non pertenza ao centro.
Con que facelo? Con medios domésticos. Abonda a calidade de calquera
cámara de fotos normal (compacta dixital), de video, de móbil… A calidade do vídeo non terá escesivo peso á hora de
elixir os gañadores.
En que formato entregalo? En formato Mov. ou Avi.
A quen llo entregas? Traelo nun
pen-drive e pasarllo ao Coordinador do EDNL,
o Profesor Brais Pérez. El copiarao e devolveravos o pen. Tamén a través
dun mestre ou dun membro do EDNLinguaquetraba
que llo faga chegar a el.
Débese incluir un doc. Word no
que poñades o título da minicurta, o nome e apelidos dos participantes, o curso
ao que pertencen e a súa función na minicurta.
Que faremos con eles? Escolleremos os mellores para
un pase o Día das Letras e para a TV do Recibidor do Insti nos recreos.
A convocatoria constará dunha única fase na que un xurado
neutral xulgue as curtas e elixa a que mellor executada estea. Haberá un gañador en
cada categoría, que levará premio.
Unha para 1º, 2º e 3º da Eso /
Outra para 4º Eso, 1º e 2º Bach e Adultos.
A gala de entrega de premios terá lugar no festival
audiovisual do Instituto, na que tamén se exporán.
Prazo? De
hoxe até o 9 de Maio
Que se valorará? Que sexa creativo, orixinal e
cómico. O traballo dos actores e do cámara. Adecuación dos escenarios e da
caracterización.
No hay comentarios:
Publicar un comentario