viernes, 7 de febrero de 2014

Concurso CARTEIS da XVIII Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo.

BASES



   Poderá participar o alumnado deSO, BACHARELATO e FORMACIÓN PROFESIONAL de calquera centro de secundaria da comarca do Morrazo.
      Consistirá no deseño do cartel (a dúas tintas, aínda que se acepta que teñan gradación), que deberá incluír:
·      Nome do evento que se publicita: XVIII Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo.
·      As datas de celebración: 28, 29 e 30 de abril.
·      Lugar de celebración: IES As Barxas
      Os orixinais realizaranse ben en papel (tamaño DIN A3) ou ben en Cd (tamaño equivalente a un A3 e resolución mínima de 300 ppp). Acompañaranse dun sobre pechado onde figuren os datos do participante e do centro onde cursa os seus estudos.
      Os traballos poderán ser entregados no centro no que se está matriculado ou enviados por correo ao centro abaixo indicado ata o venres, 28 de Febreiro do 2014.
      Establécense dúas categorías: 
·      1ª categoría: Alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO e PCPIs
·      2ª categoría: Alumnado de Bacharelato, ESA e Ciclos Formativos.
  Haberá un premios en cada unha das categorías consistente nun diploma acreditativo e 50 euros.  O concurso poderá declararse deserto.
   O fallo do xurado, que será inapelable, darase a coñecer o venres, 7 de marzo. A entrega dos premios levarase a cabo no acto de clausura da Mostra, o 30 de abril, no IES As Barxas

Pódes ver os carteis das Mostras anteriores na páxina da Mostra

No hay comentarios:

Publicar un comentario