STARgal
Os nosos compañeiros do IES A CAHADA, de Boiro, propóñennos unha interesante actividade para o martes 10 de maio: competirnos xuntos no proxecto #STARgal, co que pretenden demostrar que as TIC e o galego poden e deben ir da man se queremos construír unha sociedade máis sólida e preparada.
A competición será virtual e consistirá en 2 probas:
RañaSTARgal: unha competición de habilidade e coñecementos a través de videoxogos elaborados polo seu alumnado con Scratch.
OlloSTARgal: un concurso de video poemas elaborados co móbil, organizado en colaboración co Festival Audiovisual Escolar Olloboi.
Obxectivo: frenar o retroceso do galego. O primeiro paso é reivindicar o seu uso nas áreas de prestixio laboral e social actuais: o audiovisual, a robótica e a programación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario