martes, 14 de octubre de 2014

Obradoiro práctico EMPRENDER DENDE A REDE

Onte, luns 13 de outubro, o grupo de TICs de 1º bacharelato, acudimos a Casa da Xuventude de Moaña para participar nun obradoiro sobre emprendemento dende a rede.



Tratábase dunha actividade teórico-práctica sobre os diferentes recursos que ofrecen as novas tecnoloxías para promocionar, financiar e dar a coñecer proxectos, e foi impartida por Borja Rubio Somoza, dinamizador da Rede Galega de Dinamización Xuvenil.



O programa abarcou: 
• Responsabilidade sobre o contido das redes sociais
• O emprendemento dende os blogs
• O sistema de financiamento de Crowdfunding
• Internet: estratexias de búsqueda de información

A experiencia resultou moi interesante e motivadora para o alumnado, polo que queremos agradecer a Casa da Xuventude e ao Concello de Moaña a súa implicación a hora de acercar estas actividades á xuventude.


O evento no Faro de Vigo:



No hay comentarios:

Publicar un comentario