lunes, 26 de mayo de 2014

ENTREGA DE DIPLOMAS DA CAMPAÑA DOFORUGANDA


Este venres 23 de maio recibimos a visita dos representantes da ONG Cooperación Internacional na Biblioteca do noso centro para entregar aos alumnos de OIE de 3º e 4º ESO uns diplomas polo bo traballo realizado na campaña DOFORUGANDA que organizaron no primeiro trimestre do ano. 

Dita entidade vai montar unha escola no verán en Uganda cun grupo de voluntarios universitarios e solicitou a nosa colaboración para elaborar  material didáctico que axudase a concienciar aos nenos/as de Uganda da importancia de lavar as mans e de consumir auga en bo estado para prever enfermedades. Os nosos alumnos aportaron numerosos debuxos para colorear e un vídeo cunha canción e unha coreografía.
Javier e Antonio, contáronnos con imaxes cal é a situación nesta parte do mundo, costumes, modo de vida etc, e cómo traballa alí esta ONG. 

Tamén lles fixemos entrega do material educativo (cores, rotuladores, lapis, gomas) recollido no centro durante esta semán, polo que nos mostraron moito agradecemento.


No hay comentarios:

Publicar un comentario