miércoles, 8 de mayo de 2013

PREMIO CONSUMÓPOLIS


O equipo “Os DIVER”, formado polos alumnos de 3º ESO-D do IES AS BARXAS: Daniel Fernández, Rubén Pequeño, Jennifer Sanjorge, Josúe Calvar e Ana González, conseguiu o 3º premio da fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida CONSUMÓPOLIS 8, na modalidade de 3º e 4º curso de ESO, como autores do cartel: “O DEPORTE É UNHA PORTA A OUTRO MUNDO”.


Dito concurso, está organizado polo Instituto Nacional de Consumo e a maioría das CCAA (entre elas Galicia), no que escolares de educación secundaria forman equipos de cinco mozos que titorizados por un docente participan nun concurso virtual con dúas fases diferenciadas:
a) Na primeira fase, plantexábase un xogo en liña no que os equipos debían realizar un percorrido pola Cidade de Consumópolis e superar distintas probas de carácter pedagóxico e lúdico sobre consumo responsable e calidade de vida.
b) Na segunda fase, os equipos que superaron a primeira, debían presentar un traballo colaborativo sobre consumo responsable e deporte, que para este ano consistía na elaboración dun cartel a elexir entre dúas temáticas: “O deporte: unha opción responsable para o ocio” ou “Os valores do deporte e o consumo responsable”. 
A participación do equipo en dito concurso, englobouse dentro da materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras, co obxectivo de aprender sobre consumo responsable dunha forma lúdica e amena, utilizando ferramentas e dinámicas motivadoras, participativas e baseadas no uso das TICs.
O total de carteis presentados polos alumnos do centro pode consultarse no blog; www.consumopolisbarxas.blogspot.com.es.
A contía do premio é de 300€ e diploma acreditativo, que se fará entrega nun acto presidido polo Conselleiro de Economía e Industria, Francisco José Conde López, o  16 de maio de 2013, en Santiago de Compostela, no que estará presente a Presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol María Vázquez Abeal e diversos representantes da Consellería de Educación e do Consello Galego de Consumidores.
NORABOA RAPACES!

No hay comentarios:

Publicar un comentario