PRODUCTORA EMPRENDE NAS BARXAS
▼
EL SONIDO QUE HABITO
▼
lunes, 21 de enero de 2013
I CERTAME ESCOLAR DE FOTOGRAFÍA DE CONSUMO
A UCGAL (Unión de Consumidores de Galicia, convoca un concurso fotográfico dirixido a afeccionados á fotografía que cursen estudios nun centro de ensino secundario, bacharelato ou formación profesional de Galicia no curso 2012-13.
Tema “O impacto da crise económica en Galicia”
As fotografías que concorran ao certame tentarán reflectir as consecuencias ou
impacto que o actual contexto de crise económica está a ter nos distintos sectores da sociedade galega ou nos distintos colectivos da poboación galega.
Requisitos:
As fotografías deberán ser presentadas, en formato dixital, en branco/negro ou cor.
Resolución media/alta
Deberán ser orixinais e inéditas sen unha signicativa modificación dixital.
O número máximo de fotografías admisible por participante é de 3.
Data límite para a recepción das obras: día 31 de xaneiro de 2013
As fotografías enviaranse por correo electrónico ao enderezo certames@ucgal.org
Cada arquivo fotográfico deberá nomearse co título da obra
O correo electrónico enviado incluirá un arquivo adxunto coa seguinte información:
Nome e apelidos do autor; idade; pseudónimo; teléfono e enderezo de correo electrónico de contacto; centro donde cursa estudos.
As fotografías premiadas pasarán a ser propiedade da Unión de Consumidores de Galicia, que pasará a ser titular de todos os dereitos, de calquera índole, sobre as ditas obras, sen que caiba ningún tipo de pretensión ou reclamación posterior dos autores en relación coas mesmas
No estoy incluida en el Planetaki:
ResponderEliminarTIE Emma Sotelo, http://emmasotelo.blogspot.com.es/
No estoy incluido en el Planetaki:
ResponderEliminarTIE Miguel Arias, http://miguelariastie.blogspot.com.es/
tu ya estabas Miguel ;) ,Enma , misión cumplida :)
ResponderEliminar